Especiais
-
Muller e represión no Noroeste Peninsular. Galicia e El Bierzo (1936-1945)
Este é o primeiro traballo que desenvolveu a Asociación para a Investigación Histórica do s.XX, no que se pretendeu abarcar unha temática pouco traballada ata ese momento. Coa oportunidade brindada polo Ministerio da Presidencia, o Proxecto a desenvolver baixo o título “Mujer y represión en el Noroeste Peninsular. Galicia y El Bierzo (1936-1945)”, consistiu na creación dunha base de datos na que rexistrar a todas aquelas mulleres que foron procesadas por cuestións políticas entre o ano 1936 e 1945, ano no que remata a Segunda Guerra Mundial.
-
Exposición "Deconstruír o franquismo"
Trátase dunha exposición itinerante que acolleu a cidade de Santiago de Compostela entre o 23 de xaneiro e o 6 de febreiro de 2020. Foi entendida como un espazo de reflexión e simboloxía da ditadura que se presentou en cinco etapas, desde a PERSISTENCIA do franquismo ás AUSENCIAS de memoria. O traxecto descóbrenos as VELADURAS do franquismo retirado pero recuperable, as AMNESIAS que debuxan unha auténtica cartografía do terror e as EXPROPIACIÓNS de significado de lugares e símbolos.
-
Exposición "Historia e memoria do golpe de Estado de 1936 en Santiago de Compostela. 80 anos"
A exposición pretende amosar por medio dun novo relato do Golpe e da guerra civil, como a cidade de Santiago de Compostela pasou a ser nos anos trinta “unha cidade na que as rúas se comparten” a un espazo de violencia e persecución. Trátase dun intento de dar a coñecer á cidadanía e de divulgar a actividade académica ao redor dunhas investigacións e debates que desmontan moitos tópicos sobre a República o Golpe militar e a ditadura franquista.
-
"A represión franquista na comarca da Coruña. Vidas na memoria"
O traballo que presentamos neste especial é froito da colaboración do Proxecto Interuniversitario Nomes e Voces coa Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Procuramos dar unha idea dos contidos e de presentar o “como se fixo” que hai detrás da letra finalmente impresa. Dese xeito, pódese avaliar o traballo feito, tamén, que hai un público interesado na metodoloxía empregada que non tiña cabida no propio volumen publicado e, finalmente, presentamos unha experiencia de colaboración entre a sociedade civil e o ámbito académico, unha vía que continuou o Proxecto nun futuro.