Ir ao contido principal

Recursos

Informes

Ver máis
  • Informe de resultados: vítimas Galicia (1936-1939)

    Este é o primeiro informe de resultados do Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces" que se publica. Nel ofrecemos os efeitos do Golpe de Estado de 1936, o tempo da guerra e máis as orixes do franquismo en Galicia. A través de números e gráficas presentamos esta primeira análise posta en valor para as interpretacións, deducións ou debates.

    Datos actualizados en xaneiro de 2012

  • Investigación sobre outras formas de persecución

    Incluíronse neste informe, por un lado, aquelas persoas naturais ou veciñas de Galicia perseguidas fóra do territorio galego e, por outro, todas aquelas que foron vítimas doutras formas de represión exercidas en Galicia.

    Datos actualizados en xaneiro de 2012

  • 1936-1939. Morte na provincia de Lugo

    O traballo desenvolto ao longo de 2012 atendeu á lóxica da documentación recuperada e catalogada ao longo deste ano, á súa posta en valor e a facilidade de consulta aos interesados. Os investigadores de Nomes e Voces seguiron, para a realización do traballo, as pautas sinaladas no documento de proposta de investigación presentado á deputación provincial de Lugo en xaneiro de 2011 e, tal como quedara alí reflectido, realizáronse traballos de mantemento, actualización, catalogación e posta a disposición da cidadanía de todos os datos e documentos referidos á provincia de Lugo e que foron recuperados desde o grupo de investigación “Nomes e Voces”.

Especiais

Ver máis
  • Muller e represión no Noroeste Peninsular. Galicia e El Bierzo (1936-1945)

    Este é o primeiro traballo que desenvolveu a Asociación para a Investigación Histórica do s.XX, no que se pretendeu abarcar unha temática pouco traballada ata ese momento. Coa oportunidade brindada polo Ministerio da Presidencia, o Proxecto a desenvolver baixo o título “Mujer y represión en el Noroeste Peninsular. Galicia y El Bierzo (1936-1945)”, consistiu na creación dunha base de datos na que rexistrar a todas aquelas mulleres que foron procesadas por cuestións políticas entre o ano 1936 e 1945, ano no que remata a Segunda Guerra Mundial.

  • Exposición "Deconstruír o franquismo"

    Trátase dunha exposición itinerante que acolleu a cidade de Santiago de Compostela entre o 23 de xaneiro e o 6 de febreiro de 2020. Foi entendida como un espazo de reflexión e simboloxía da ditadura que se presentou en cinco etapas, desde a PERSISTENCIA do franquismo ás AUSENCIAS de memoria. O traxecto descóbrenos as VELADURAS do franquismo retirado pero recuperable, as AMNESIAS que debuxan unha auténtica cartografía do terror e as EXPROPIACIÓNS de significado de lugares e símbolos.