Ir ao contido principal

Fosa do cemiterio de Santa Marina de Xinzo Fosa en cemiterio

Ficha técnica

Localización

Localidade
Ponteareas
Concello
Ponteareas
Provincia
Pontevedra

Características

Nº persoas enterradas
Diferentes referencias; poderían ser ata 17
Francisco Aldao Gallego
Antonio Baz Rodríguez
Manuel Álvarez Pereira
Perfecto Méndez Pastoriza
Antonio Pérez Pérez
José Augusto Pereira Rocha
Manuel Cividanes
Ángel Rodal Blanco
Clemente Calvar Solla
Manuel Quintas Figueroa
Serafín Chaves Bispo
Herminio González Covelo
Benjamín Malvar García
Luís Duarte Pedrosa
Benigno Rocha Saavedra
José Miranda
Unha persoa descoñecida
Tipoloxía do asasinato
Paseo
Cronoloxía
1936-1937
Outras referencias
Os restos atópanse mesturados cos doutros falecidos

Estado

Intervención
Si. Sen éxito pola mistura dos osos
Data da intervención
2007-2008
Entidade promotora
ARMH
AMH do 36 de Ponteareas
AMH do 36 de Vigo
Memoria Histórica 28 de agosto de Cangas
Propiedade do terreo
Eclesiástica
Memorialización e sinalización
Non
Outras observacións
Un informe forense posterior indica que os osos exhumados foron empaquetados e depositados no cemiterio de Pereiró, en Vigo. Os forenses, sen que se lles proporcionara o informe arqueolóxico da escavación, exhumaron de novo os osos e identificaron un mínimo de 26 individuos, sen detectar en ningún dos osos signos de violencia, ante o que se propuxo non proceder coa identificación xenética debido ás poucas garantías de éxito que se valoraban.

Fontes

Arquivo

Bibliografía

  • Rodríguez Gallardo, Ángel, O ruido da morte. A represión franquista en Ponteareas (1936-1939), Sada, Edicións do Castro, 2006
  • Santos Castroviejo, Santiago e Nores Soliño, Antonio, Historia de Cangas, 1900-1936: unha ribeira de pescadores, Vigo, A Nosa Terra, 2005
  • Paz Antón, Xosé Ramón, O Porriño, 1936, Vigo, A Nosa Terra, 2007
  • Serrulla Rech, Fernando, "Reflexiones desde la antropología forense en relación con la recuperación de la Memoria Histórica en Galicia", en Fernández Prieto, Lourenzo e Nomes e Voces (eds.), Memoria de guerra y cultura de paz en el siglo XX. De España a América, reflexiones para una historiografía, Xixón, Edicións Trea, 2012, pp. 183-191